Saltar ao contido

Medi Bayreuth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
medi bayreuth
Información xeral
Liga BBL / BCL
Fundación 1975
Historia Post SV Bayreuth (1975–1979)
USC Bayreuth (1974−1984)
Steiner Bayreuth (1984−1999)
Cores                Negro, lima, branco
Presidente Alemaña Johannes Feuerpfeil
Adestrador Austria Raoul Korner
Patrocinador Medi
Localización
Cidade Alemaña Bayreuth, Alemaña
Pavillón Oberfrankenhalle
Capacidade 3 500
Inauguración 29 de outubro de 1988
Campionatos
Liga 1 (1989)
Copa 2 (1988, 1989)
medi-bayreuth.de

O Medi Bayreuth (estilizado: medi bayreuth), é un equipo de baloncesto profesional alemán con sede na cidade de Bayreuth, Baviera. Fundado como unha sección do Post SV Bayreuth en 1975, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Oberfrankenhalle, pavillón con capacidade para 3.600 espectadores. Entre os seus principais títulos están a Liga conseguida en 1989 e as dúas Copas en 1988 e 1989.

O club foi fundado en 1975 como a sección de baloncesto do Post SV Bayreuth. Foi ademais un dos clubs que xogaron a primeira edición da segunda división de baloncesto profesional en Alemaña. Na súa tempada de debut, o equipo ascendeu de inmediato á máxima categoría. En 1979, o equipo de baloncesto separouse do Post SV e o club foi refundado co nome de USC Bayreuth. Ao finalizar a temporada 1983−84, o equipo descendeu da Bundesliga. Isto levou ao club a fusionarse co TTBG Steiner-Optik Bayreuth, un antigo club de tenis de mesa, para formar o BG Steiner Bayreuth. Como Steiner Bayreuth, o equipo atinxiu grandes éxitos. Primeiro, o club conseguiu regresar inmediatamente á máxima categoría, para poucos anos máis tarde gañar títulos. De feito, en 1988 e 1989 o equipo gañou a Copa e na temporada 1988−89 foi coroado campión nacional alemán despois de gañar a Bundesliga.[1]

En 1997, o tradicional patrocinador do club, Steiner, deixou o club e comezaron a ter problemas financeiros, o que produciu tamén unha crise deportiva. De feito, en 1999 o equipo descende da Bundesliga debido aos citados problemas económicos. Nas seguintes tempadas, o Bayreuth cnverteuse nun equio habitual da ProA, a segunda división xermana. O regreso á máxima categoría chegou tras gañar o título da ProA na temporada 2009−10. Ao comezo da temporada 2013−14, o club consegue un novo patrocinador principal, mudando ao seu nome a "medi bayreuth". Tamén mudaron as cores do equipo a negro, verde lima e rosa. Após finalizar durante os seguintes ano na zona media da clasificación, o equipo consegue finalizar en cuarto lugar na temporada 2016−17, finalizando o equipo de Raoul Korner cun balance de 22 vitorias por 10 derrotas. Porén, nos play-offs foron eliminados en primeira rolda polo EWE Baskets Oldenburg. Con todo, a boa actuación serviu ao equipo para xogar na Basketball Champions League 2017−18. Na Champions League o equipo pasa a primeira rolda e elimina nos cuartos de final ao Beşiktaş, mais perde finalmente en Cuartos ante o Riesen Ludwigsburg.

O Medi Bayreuth tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia:

  • Post SV Bayreuth (1975–1979)
  • USC Bayreuth (1979–1983)
  • USC Olympia Bayreuth (1983–1984)
  • BG Steiner Bayreuth (1984–1989)
  • Steiner Bayreuth (1989–1997)
  • Basket Bayreuth (1997–1999)
  • BBC Bayreuth (1999–2013)
  • medi bayreuth (2013–presente)

Temporadas

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. Copa Competicións europeas
2000–01 2 2. BBL
2001–02 2 2. BBL
2002–03 2 2. BBL
2003–04 2 2. BBL 10º
2004–05 2 2. BBL
2005–06 2 2. BBL
2006–07 2 2. BBL
2007–08 2 ProA
2008–09 2 ProA
2009–10 2 ProA
2010–11 1 BBL 16º
2011–12 1 BBL 13º
2012–13 1 BBL 15º
2013–14 1 BBL 14º
2014–15 1 BBL 16º
2015–16 1 BBL 12º
2016–17 1 BBL
2017–18 1 BBL Cuarto lugar 3 Champions League
CF
2018–19 1 BBL 12º Oitavos de final 3 Champions League FR
2019–20 1 BBL 12º Oitavos de final 4 FIBA Europe Cup SF
2020–21 1 BBL 10º Fase de grupos

Liga de Alemaña

  • Campións (1): 1989

Copa de Alemaña

  • Campións (2): 1988, 1989

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]
  1. "Vor 30 Jahren startete man in die bisher erfolgreichste Saison". www.medi-bayreuth.de (en alemán). 21 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]